Para todos os públicos
TP A ollada máis completa ao deporte en directo en Galicia, aló onde estea. As retransmisións dos principais partidos de fútbol do Celta, Racing de Ferrol, Deportivo, Lugo, Celta Fortuna, Arenteiro, Pontevedra, Compostela, Coruxo, Ourense CF, Fabril e Racing Vilalbés. Ademais, seguimos os nosos representantes nas categorías elite do baloncesto, balonmán, fútbol sala, hockey, rugbi, voleibol e baloncesto en cadeira de rodas.