A miña lista
Podcast sobre a radionovela 'Os pobres si que choran', emitida na Radio Galega durante dúas temporadas nos anos 2003 e 2004
Os pobres si que choran
A radionovela Os pobres si que choran emitiuse diariamente na Radio Galega durante dúas temporadas, nos anos 2003 e 2004. Estaba integrada nos contidos do programa O Miradoiro e era parte dun concurso para poñer a proba a atención dos oíntes. En cada capítulo os personaxes cometían unha serie de cazapos da linguaxe que a audiencia tiña que detectar. A radionovela consérvase tal e como se emitiu no seu momento, polo que os cazapos están aínda presentes. A interpretación facíase en directo e iso nótase nalgúns dos momentos de risas e equivocacións dos actores. A idea orixinal e os guións son de Cristina García e o elenco principal son os membros do equipo do programa durante esa época: Xusto López Carril como Agustín Carril, Susana Llorente no papel de Olga Carril, Susana Rois como Antía Carril e a propia Cristina García como Leticia Carril. Carlos Jiménez asumía o papel de narrador, ademais doutros personaxes recorrentes como o do papagaio Troco ou o neno Kevin.