![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/category_backgrounds/b0c872813bf940559b7777a033170907.png)
É Licenciado en Música (especialidade de Trompeta) polo Conservatorio Superior de Música de Vigo, Graduado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Vigo, e Máster en Industria Musical e en Profesorado de Educación Secundaria pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Actualmente é doutorando en Educación Musical na USC. Imparte clases de música na Casa da Música de Chantada. Tamén é integrante de diversas formacións musicais como a Banda de Chantada, o grupo Liviao de Marrao, ou a banda de Guadi Galego na xira de O mundo está parado.