![](https://d1oldvcs710rcb.cloudfront.net/category_backgrounds/adba8c47573d44b0acca49ab9c249f00.png)
Doutora en informática, cofundadora de imaxin|software e docente na Universidade da Coruña, onde coordina o máster en Deseño, desenvolvemento e comercialización de videoxogos. Experta en videoxogos educativos e aplicados, compaxina o seu labor docente con actividades de divulgación. Presidenta da asociación galega de videoxogos e contidos interactivos (videoxogo.gal) e vicepresidenta da Fundación Museo do Videoxogo de Galicia.