A tarde 06-11-2023

Colonizar a lúa, a orixe da nosa bandeira, intelixencia artificial e o novo traballo de Hydn

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 06-11-2023

Falamos sobre o proxecto galego e asturiano que pretende chegar á Lúa e facer alí vida! Ademais, Francisco Narla, escritor, falounos da orixe da bandeira galega: resulta que o deseño vén dado por unha queixa da armada rusa. O noso colaborador, formador da Garda Civil e especialista en ciberseguridade, Iván Carril, explicounos os límites da Intelixencia Artificial e como se está a empregar para crear virus. Mentres, o colaborador Norberto Proupín, médico de familia, falounos das frieiras, ademais de afondar un chisco neses casos de gastrointerite que están a proliferar nesta época. Para pechar o programa tivemos a alegría de Hydn, que veu presentar o seu novo sinxelo 'Augurio'.

Presentado por Antón Rebollido.