A tarde 08-11-2023

O estreo de Nowhere, a perda de audición nos máis novos, o novo libro de Oriana Severino e os testamentos vitais!

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 08-11-2023

Falamos da carpintería de ribeira da ría de Muros e Noia. E tamén nesta primeira hora consultamos con Antonio Pedrero González, presidente da Sociedade Española de Acústica, sobre problemas de audición nos máis novos. Na sección de Moncho Lemos, Sen Butacas, comentamos a nova película española de Netflix, 'Nowhere'. Falamos tamén con Oriana Severino sobre a súa nova publicación: 'Cocina sano y sin complicaciones'. Xiana Albor, a nosa especialista en medio ambiente, veu falarnos dos soutos como ecosistemas funcionais co catedrático Antonio Regueiro. Pechamos o programa falando do testamento vital: en que consiste, como o temos que facer, supón dexar claro o que unha quere sobre a propia saúde no futuro? Non o perdas!

Presentado por Antón Rebollido.