A tarde 09-11-2023

Temas do máis curioso neste xoves: xa non hai malos nas películas para nenos e nenas? Que pasa cando devolvo un produto? As pantallas cusan atrasos nos nenos e nenas?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 09-11-2023

Falamos moito dos nenos e nenas: dos ECOcomedores que crean menús con produtos locais, de temporada e ecolóxicos; dos atrasos polo uso das pantallas; e dos abortos respectados na sección A Tribo de Raquel Rosa. Celebramos o Día das Librarías e aproveitamos para preguntarlle á libraría Moito Conto da Coruña polos mellores libros para agasallar neste Nadal. Tamén falamos sobre vales de compras, devolucións e máis dúbidas dos oíntes co noso especialista en consumo, Miguel López Crespo. Para pechar o programa, falamos dun tema do máis curioso: hai menos malos nas películas para nenos e nenas, por que? É malo que os pequenos vexan figuras malvadas? Falámolo con Elena Neira, profesora da Universitat Ouberta de Catalunya.

Presentado por Antón Rebollido.