"Sempre tes medo de poder defraudar ós nenos, pero ó final sacámolo adiante". Dúas amigas viguesas veñen de fundar 'Sonrisas e Renos' co obxectivo entregar un agasallo ós nenos e nenas en risco de exclusión social en Vigo. Falamos cunha das fundadoras, Noelia Barreiro.