A tarde 14-11-2023

Cafés a un euro, novo sinxelo de Silvia Penide e o festival de cine estudantil FaCom Fest

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 14-11-2023

Segue habendo cafés a un euro que leven tapa? Pois si, en Ourense, e falamos con quen os fai. Tamén falamos da exposición 'Botamos un baile', da Cidade da Cultura e que reivindica as orquestras de Galicia. A nosa colaboradora Ana Camiño, especializada en dereito civil e consumo, vennos falar de feitos que eximen de responsabilidade penal. A cantante Silvia Penide vennos presentar o seu novo sinxelo 'Reventaba'. Mentres, Maxi Pérez, o noso colaborador en seguridade vial, vennos falar de discusións entre condutor e copiloto e os riscos de perder o carné de conducir. Pechamos o programa falando cos rapaces e rapazas que organizan o FaCom Fest, un festival de pezas audiovisuais organizado polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago e centrado en dar visibilidade ás pezas creadas polo alumnado.

Presentado por Antón Rebollido.