A tarde 15-11-2023

Moas do xuízo, galletas personalizadas, a vida no cárcere, a nova serie arxentina de éxito Nada

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 15-11-2023

O odontólogo Simón Pardiñas fálanos das moas de xuízo: por que hai unhas persoas que as teñen e outras que non? É cuestión de evolución? Por que doen? Tamén falamos con Lamasdulce, unha marca de galletas personalizadas do máis curiosas! Comentamos tamén a serie arxentina de éxito 'Nada', co noso colaborador Moncho Lemos na súa sección 'Sen Butacas'. Ademais, parámonos a pensar nas vidas das persoas privadas de liberdade ao fío dunha guía que desmonta as crenzas que temos sobre o seu día a día. Para iso falamos co equipo de Intervención Penitenciaria da Fundación Érguete. Falamos tamén de flores na colaboración de Xiana Albor, a nosa ambientóloga de confianza. Para rematar o programa falamos do libro 'O viaxeiro perfecto', de Iván García Campos, que vén de traducirse ao español.

Presentado por Antón Rebollido.