A tarde 16-11-2023

Cursos de autodefensa, as tendencias en xoguetes, adición aos móbiles e o concurso de youtubeiras

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 16-11-2023

Para defenderse de posibles agresores, as mulleres non precisan entrenar. Só necesitan coñecer con que obxectos cotiás se poden librar. Explicanolo na Tarde Manuel Herbón, encargado dos cursos da Federación Galega de Loita. Falamos das tendencias nos xoguetes de Nadal: inflúe a televisión. Na colaboración de Raquel Rosa, A Tribo, comentamos que cada vez é máis común a adicción dos adolescentes aos móbiles. Tamén charlamos cos responsables da marca El Pulpo e de como crean as súas prendas. Miguel López Crespo, especializado en consumo, falounos da equipaxe de man nos avións, de que vai cambiar e de por que sempre tivo que ser deste modo. Por último, recordamos que quedan poucas horas para enviar propostas aos Premios Youtubeiras deste ano.

Presentado por Antón Rebollido.