Especial ExpoBus A tarde 17-11-2023

De excursión na ExpoBus: concurso de mellor condutor de España, alcolímetros, máster de xestión de frota e máis temas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Especial ExpoBus A tarde 17-11-2023

Vamos a Silleda á ExpoBus. Descubrimos que existe un máster na Universidade de Valladolid para xestionar frota de autobuses, tamén que hai alcolímetros instaurados nos buses e mesmo softwares de envío de buses baixo demanda. Ademais, falamos con Autocares Cuíña e con Autocares Lázara, dúas empresas de autobuses históricas e con decenas e decenas de anos en activo. Tamén nos explican as probas do concurso a Mellor Condutor de Autocar de España: dependen do peso, altura e ancho do autobus. Agustín Vázquez, o noso colaborador en viaxes, falounos de mercados de Nadal: son especialmente famosos en Alemaña, pero tamén no resto de países centro-europeos. Non faltou Xosé Antonio López Silva, o noso latinista habitual nos venres, que nos falou das formas de transporte no mundo clásico.

Presentado por Antón Rebollido.