Ver
Dende 'Fresco y del mar' fan a campaña AntiFriday, que reivindica que o mar non pode baixar os prezos neste día de saldos. Mentres, no mundo do turismo si que se está levando a cabo esta campaña de aforro e ofertas, polo que falamos de destinos baratos con Agustín Vázquez. Tamén charlamos con UNICEF pois está desenvolvéndose a semana do neno; e co centro de acollida de violencia machista de Padrón. Para rematar, Adriana Abenia ábrese en canle connosco para contarnos que esconde a súa novela autobiográfica 'La vida ahora'. Nela fala da televisión pero tamén do seu amor.
Presentado por Antón Rebollido.