Lecturas con memoria e sen idade

Eva Mejuto preséntanos 'Mambrú volveu da guerra' e 'Quen contará a miña historia?'

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Lecturas con memoria e sen idade

Eva Mejuto proponnos este venres dous libros con memoria. 'Mambrú volveu da guerra' é unha peza teatral infantil de Carlos Labraña na que unha nena fai amizade cun soldado de porcelana que viviu na súa vila hai moitos anos. A obra gañou o premio SGAE de teatro infantil, está publicada por Xerais e recomendada a partir dos 9 anos. 'Quen escribirá a miña historia?' é unha novela de Iria Morgade Valcárcel que pescuda no destino das persoas presas no campo de concentración do mosteiro de Oia, editada por Galaxia. A autora é investigadora sobre memoria histórica no grupo Histagra da USC.

Presentado por Belén Regueira