Ver
Hoxe queremos poñervos en dúas situacións para saber cal vos doería máis. Situación 1: Que a vosa parella vos poña os cornos. Situación 2: Saber que a vosa parella ama en secreto a Luís o Panadeiro (nome ficticio). Poñamos que tamén pode ser que a vosa parella suspire por Merche a Loteira (nome ficticio). Doe máis unha infidelidade física ou unha mental? Credes que hai moita xente que está cunha parella mentres, no máis fondo do seu ser, desexa outra? Hoxe escoitamos as vosas opinións sobre os distintos tipos de infidelidade. Contádenos se algunha vez vivivistes unha destas situacións (vós ou algún "amigo").