Ver
Celanova sigue sendo finalista para que lle poñan a iluminación de Ferrero Rocher, así que non sabemos se gañou. Pero quen gañou foi Alexandre Soteliño, profesor de Educación e Pedagoxía na USC, volvendo colocarse entre un dos mellores docentes de España. Quen tamén gañou foi Alba García, alumna do grao en Xestión Industrial da Moda que recibiu un dos premios do concurso de startups ‘JF64 Emprende’ do Modiña Summit da Coruña pola súa marca de xoias artesanais. Tamén comentamos con Moncho Lemos a serie 'Una familia normal', as anécdotas dun avogado de oficio con José Muelas, buscamos o bosque perfecto con Xiana Albor e as zapatillas máis usadas, sucias e de moda!
Presentado por Antón Rebollido.