Ver
O Lugo foi quen de superar un equipo de superior categoría, o Mirandés, na segunda cita da Copa do Rei. Os de Munitis gañaron 2-0 con dous goles que chegaron nos últimos minutos, no 87 e no 92. O Lugo faise a si mesmo un gran regalo de Reis porque garante que recibirá no Anxo Carro un conxunto de Primeira na seguinte eliminatoria.