Bouzas: "Foi un ano de moita aprendizaxe"

Jéssica Bouzas, tenista

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Bouzas: "Foi un ano de moita aprendizaxe"

A vilagarciá Jéssica Bouzas fai balance do ano que remata antes de viaxar a Australia para disputar a previa do primeiro Grand Slam da temporada. En 2023 cambiaron moitas cousas na súa vida deportiva: trocou de adestrador, mudouse a un novo centro de preparación e empezou traballar cunha psicóloga. O seu obxectivo é seguir xogando previas e fases finais dos grandes torneos e conseguir praza olímpica para París 2024.