Mergullámonos co novo das Tanxugueiras e a colaboración de Baiuca con Aliboria, Caamaño e Ameixeiras e Grande Amore. Doutros mares chegan Las Migas, Lisandro Aristimuño e o último de Julieta Venegas. Ao vivo cantamos o 'Manual do Señorito' de Manuel María e María Manuela e Miguel.