Malaisia con Edgar Vigo e Fátima Ameneiro

Un país estratéxico en Asia

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Malaisia con Edgar Vigo e Fátima Ameneiro

A federación de Malaisia é un pais do sureste asiático que está dividido en dúas partes. Colle a península Malaia e a Malaisia oriental, que está no norte da illa de Borneo e estas dúas áreas súmanse máis de 800 illas. A superficie total é comparable á península ibérica ainda que se estende no equivalente á distancia entre Lisboa ata Roma. Son 32 millóns de habitantes. A sua capital é Kuala Lumpur, con 2 millóns de habitantes e a súa área metropolitana son case 8 millóns. Este pais, Ten unha ubicación estratéxica privilexiada xa que hai que pasar por aquí para chegar por mar ata China, Malaios famosos: o deseñador Jimmy Choo a actriz Michelle Yeoh, que foi moza de James Bond, Wu Lien Te, o inventor da máscara cirúrxica, e Pua Khein Seng, inventor da memoria USB..