Procuran 80 mulleres galegas para relacionar a depresión co cancro de mama

As mulleres seleccionadas deberán ter cancro de mama ou telo pasado como máximo fai 6 meses

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Procuran 80 mulleres galegas para relacionar a depresión co cancro de mama

Buscan 80 galegas con cancro de mama para un estudo revolucionario para frear a depresión que se lle asocia ás mulleres que padecen esta enfermidade. A idea do estudo, chamado ONCODEP E desenvolvido por dúas mulleres da Universidade de Santiago, é descubrir se a neuroestimulación eléctrica mellora o estado de ánimo e a saúde das pacientes. O estudo funciona con diademas que as participantes teñen que poñer 20 minutos ao día, facendo ao mesmo tempo uns exercicios. O único requisito para participar no estudo é ter entre 30 e 65 anos e ter cancro de mama ou estar curada do mesmo nos últimos 6 meses.

Presentado por Antón Rebollido.