Os concertos de Deep Purple eran unha experiencia única e mesmo circulaban copias piratas dos seus directos. Vendo o éxito doutros músicos, a banda animouse a sacar un disco dun dos seus concertos. A gravación do 'Made in Japan' estivo chea de dificultades e o grupo pensaba que nunca se chegaría a editar... E precisamente por iso saiulles unha actuación memorable.