Ver
Hai xente tan especial que en lugar de tomar as doce uvas da sorte ten que tomar doce gominolas. Hai xente tan especial que, cando hai peixe para comer, necesitan que lles fagan un bistec para eles. Hai xente tan especial que, cando pide unha hamburguesa, solicita que lle quiten a cebola e o tomate. Hai xente tan especial que, se todos comen tortilla con cebola, pide unha sen cebola. Son tan especiais que acaban sendo "repugnantes"? Coñecedes moita xente así de especial?