Galicia por diante - videopodcast 28-12-2023

Información e tertulia política de 7 a 9.30 con Manuel Estévez e entrevistas, humor e actualidade con Cristina García ata as 2 da tarde

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia por diante - videopodcast 28-12-2023

Informativo e tertulia política con Manuel Estévez. O ADOS pide axuda aos doadores pola baixada das reservas de sangue en Galicia. Entrevista con Adolfo Campos, director do Instituto Atlántico do Seguro pola suba das pólizas co novo ano. Co regreso da choiva en Ourense volven preocupar os problemas de humidade na catedral: ata hai nada había capazos para recoller a agua que caía do teito. En Vigo, o Concello aproba o novo PXOM entre protestas de varios colectivos. Na Coruña a protectora de animais Gatocán pide calma ante o aluvión de chamadas para cobrar as participacións do terceiro premio da lotaría de Nadal. A historia de Antonio Fernández , un home de Verín que cando foi ao médico descubriu que estaba dado de baixa por defunción na Seguridade Social.