Ver
O cangués Rodrigo Corrales explícanos os motivos da súa ausencia na habitual concentración de Nadal da selección española de balonmán: dende hai uns meses está a ter problemas nas costas, con dous principios de hernia de disco que lle obrigan a tomar un descanso. Con todo, o porteiro galego espera poder estar en París 2024 buscando outra medalla olímpica.