A Radio Conta edición 2023

Entrevistas, humor e actualidade con Kiko Novoa e Cristina García de 9.30 a 14 horas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A Radio Conta edición 2023

A Radio Conta chega á súa undécima edición. Celebrouse o sábado, día 30 de decembro, as radios da Coruña producen, realizan e emiten un programa conxunto e solidario. Este ano dedicado a ABAC, a Asociación de Bulimia e Anorexia da Coruña, e a visibilizar a loita contra os Trastornos da Conduta Alimentaria (TCA). Un ano máis, Moncho Viña será o encargado de conducir un equipo conformado por profesionais das emisoras públicas e privadas da Coruña: Radio Galega -que achega a cobertura técnica-, RNE, RadioVoz, SER, Onda Cero, Radio Marca, InterCoruña e COPE. Unhas corenta persoas conforman a redacción única e coral dunha iniciativa que ten como obxectivos a solidariedade e a homenaxe á radio local. Humor, música e conversas inusuais son parte da esencia do programa. Estarán no Teatro Colón o humorista David Perdomo para dar leccións de humor e de filosofía. A música, escritora, educadora e produtora Cristina Pato achegaranos á súa última obra literaria e compartirá impresións docentes co reitor electo da Universidade da Coruña Ricardo Cao. O presentador Rodrigo Vázquez participará nun particular Cazador co xornalista Rubén Ventureira. Pola súa banda, Paco Lodeiro será un dos participantes nas Merendiñas Koruñas, debates sobre cuestións populares na vida coruñesa.