background-image

Cantos de Nadal: unha tradición que muda cos tempos

Tradicións musicais con Gustavo Couto, Branca Villares e Xosé Feijóo

Ver

A miña lista

Info

Información

Cantos de Nadal: unha tradición que muda cos tempos

Os cantos do ciclo de Nadal: panxoliñas, aguinaldos e cantos de reis. O músico Gustavo Couto, da Asociación de Gaiteiras Galegas, comparte con nós o seu coñecemento sobre o baile e música tradicional de Nadal. Lémbranos a importancia dos cantos en grupo, en comunidade, como un elemento de unión entre a sociedade. Tamén entrevistamos a Branca Villares, mestra de música e baile tradicional, unha das impulsoras da recuperación dos 'reiceiros do Cebreiro'; e a Xosé Feijóo, do grupo Os Chichisos, que levan 22 anos saíndo a cantar os Reis coa rapazada da área de Pontevedra. Neste espazo cultural facemos un percorrido polas tradicións de Nadal a través do tempo.

Presentado por Belén Regueira