'Lecturas de coidado', un encontro para ler en común

A Fundación Uxío Novoneyra presenta esta iniciativa por primeira vez

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

'Lecturas de coidado', un encontro para ler en común

Belén Gopegui, Antón Lopo, María Sánchez e Uxue Alberdi son algúns dos escritores que participan en ‘Lecturas de coidado’, un encontro ao redor da lectura en común que se desenvolve en Santiago. Tamén participan profesionais da saúde mental, da medicina comunitaria, da arteterapia, da pedagoxía ou da intervención social. É unha proposta para ler en común, para empregar a lectura como ferramenta de transformación social nunha época de predominio da imaxe, da instantaneidade, da velocidade vertixinosa e de construción de sociedades cada vez máis individualistas. A lectura en común como ferramenta de cambio social.

Presentado por Belén Regueira