Para 2024 quizais haxa un carnet B1 de conducir para rapazada a partir dos 16

Este novo carnet suporía un descenso dos accidentes de tráfico

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Para 2024 quizais haxa un carnet B1 de conducir para rapazada a partir dos 16

É unha medida que xa se implementou noutros países europeos, como Alemaña ou Italia. A rapazada a partir dos 16 anos podería obter este carnet, pero, iso si, os coches que poderán conducir serán cuadriciclos e tricilos de ata 400 kilos pola vía pública, sen poder ter unha potencia máxima de 15 kW e non poderá superar os 90 kilómetros hora. Por que esta medida? Porque se estima que os mozos e mozas se van preparando mellor nestes vehículos máis pequenos ao ritmo das estradas, de modo que aos 18 (cando poden conducir xa un turismo normal) xa terán experiencia. Así, evitaríanse accidentes.

Presentado por Antón Rebollido.