Ver
Hoxe imos falar dun agasallo que sempre gusta: o autoagasallo. Os Reis Magos non sempre acertan. Menos mal que está o autoagasallo Sodes de autoagasallarvos algo? Que caeu este ano? Que agasallos son mellores, os que vos fan os demais ou os que vos facedes vós mesmos? Un autoagasallo ten a garantía de gustar, pero falta o factor sorpresa... Cal foi o mellor autoagasallo que vos fixestes? Hai moita xente que se fai un autoagasallo co seu primeiro soldo. Foi o voso caso? Falamos de agasallos e autoagasallos. A xente cóntanos cal é o mellor agasallo que se autoregalaron.