Convivir 09-01-2024

Os propósitos de aninovo, o proxecto 'Coruña Cura', as últimas novidades en novas tecnoloxías e o libro ilustrado Silforiña

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Convivir 09-01-2024

Co inicio dun novo ano é habitual ter novos propósitos e obxectivos. Analizamos os retos de aninovo dende o punto de vista da psicoloxía co profesional Alberto Valle. Tamén descubrimos a ONG 'Ecodesarrollo Gaia' que participa no proxecto 'Coruña Cura'. Esta iniciativa permitiu que os sanitarios galegos atenderan unhas 5.000 persoas no Senegal. Entrevistamos a Guillermo Fernández-Obanza, o coordinador da ONG. Neste espazo de Convivir, tamén falamos de novas tecnoloxías e redes sociais coa experta Laura Castro; e lemos con Elena Paz o libro ilustrado Silforiña, unha obra que narra unha historia de superación adaptada para o público infantil.

Presentado por Águeda Penedo