Que é mellor, iOS ou Android? Marcus Fernández danos a resposta definitiva: depende dos gustos, ambos tipos de teléfono teñen pros e contras. Tamén descubrimos o camiño cara a circularidade no eido dos aceites de consumo e industriais. Norberto Proupín tíranos varios datos sobre o glaucoma: 60.000 galegos padéceno e a metade non o sabe. Ademais, entrevistamos a Tomás Aparicio, o campión de oratoria en lingua española do mundo.