A pegada de Pablo Picasso na escola da Coruña onde estudou

A mostra 'Picasso, alumno desta escola' revela información académica do artista durante os seus anos na Coruña

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A pegada de Pablo Picasso na escola da Coruña onde estudou

A Escola de Arte e Superior de Deseño da Coruña leva o nome de Pablo Picasso, que estudou tres cursos nesta institución, entre 1892 e 1895. Tras a celebración do Ano Picasso, a escola incorpora unha exposición permanente que recupera esculturas e láminas que o artista reproduciu durante a súa etapa coruñesa e facsímiles da súa documentación académica. A exposición reivindica a importancia da estadía coruñesa na obra de Picasso e mostra a evolución das ensinanzas artísticas. "Conservouse toda a documentación académica de Picasso, as súas calificacións, as probas de exame e a lista dos seus compañeiros de clase", asegura Elena Pardo, directora da Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso da Coruña.

Presentado por Belén Regueira