background-image

A orixe e significado dos topónimos galegos

A Real Academia Galega ofrece unha serie audiovisual de onomástica na súa canle de YouTube

Ver

A miña lista

Info

Información

A orixe e significado dos topónimos galegos

No Diario Cultural aprendemos a orixe e significado das palabras con Antón Santamarina, un dos máis importantes lingüistas de Galicia. A Real Academia Galega ofrece na súa canle de YouTube unha nova tempada da serie audiovisual 'O seminario de onomástica responde'. Coas novas gravacións en vídeo son xa máis de 45 os episodios subidos á rede cos que podemos facer un percorrido por todo o país a través da pegada da lingua no territorio. Son palabras que empregamos na nosa vida cotiá e, en moitos casos, descoñecemos a súa orixe e verdadeiro significado. Os lingüistas arroxan luz sobre a toponimia e descubrimos que hai detrás de palabras como Orzán ou Balaídos.

Presentado por Begoña Vázquez