Plásticos no mar e poesía infantil sobre o cosmos

Eva Mejuto recomenda 'Plasticus Maritimus, unha especie invasora' e ‘Canto Cosmos. Poemas e astronomía para case bebés'

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Plásticos no mar e poesía infantil sobre o cosmos

Na primeira conversa lectora de 2024 Eva Mejuto recupera unha obra divulgativa sobre a contaminación mariña causada polos plásticos e propón un novo álbum ilustrado de poesía infantil. O primeiro é o libro 'Plasticus Maritimus, unha especie invasora' da bióloga mariña portuguesa Eva Pêgo, publicado en galego por Kalandraka. A obra está narrada para a rapazada desde a experiencia persoal. Eva Pêgo describe distintos tipos de plásticos que contaminan o mar, incluído o granulado plástico que agora chega ás nosas praias, e propón diversas solucións. A obra ‘Canto Cosmos. Poemas e astronomía para case bebés’ é un álbum ilustrado de poesía infantil sobre planetas, estrelas e ata a materia escura. Versos de Estíbaliz Espinosa e ilustracións de Clara Cerviño neste volume publicado pola editorial Embora.

Presentado por Belén Regueira