Comida agochada na maleta

Parece ser que a Julio Iglesias collérono con 40 quilos de comida na maleta.

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Comida agochada na maleta

Todo o mundo leva algo de comida nas maletas e Julio Iglesias non ía ser menos. Cando viaxades a un sitio, levades comida de Galicia na maleta? Algunha vez vos chamaron a atención pola comida que levades de viaxe? Sen necesidade de saír de Galicia, hai moita xente que inclúe comida na súa equipaxe. Levades peixe e marisco cando volvedes da costa? Levades chourizos e viño na maleta cando vides do interior? Que destinos son máis propicios para cargar a maleta con viandas? De toda a vida existiron os "fodechinchos" ou "roncos do xamón" (segundo sexa costa ou interior). Os oíntes cóntanos anécdotas levando comida na equipaxe.