Os deshumidificadores son causa de incendios nas casas?

Calquera electrodoméstico é susceptible de arder

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Os deshumidificadores son causa de incendios nas casas?

Na noite do 4 de decembro houbo dous incendios en Compostela e, supostamente, a causa de ambos foi un deshumidificador. Falamos cun especialista en electrodomésticos, Andrés Breijo, para saber se é habitual que este tipo de aparello arda. Compartiunos que non é que sexa habitual nese en específico, senón que todos os electrodomésticos que estean enchufados (e mesmo soamente os enchufes) poden arder en calquera momento. Dános unha chave: nunca marches da casa deixando trebellos funcionando (salvo os necesarios coma neveiras). Ademais, falamos co bombeiro David Hermida, do parque de bombeiros da Grela da Coruña, que nos deu tamén unha guía de que facer no caso dun incendio doméstico. Explícanos que o primeiro é poñerse a salvo, chamar as emerxencias e empregar algo propio contra os incendios se dispoñemos del.

Presentado por Antón Rebollido.