A tarde 16-01-2024

Vodas, libros e o aniversario de Roberto Vilar na televisión

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

A tarde 16-01-2024

A Semana do Libro de Compostela lanza o Clube de Lectura Criminal que, ademais de centrarse nese xénero, tece conexións con Portugal. Por certo, hai moita xente preparando vodas e quixemos falar sobre canto regalar e as datas máis codiciadas. Coa avogada Ana Camiño falamos da patria potestade e da custodia, así como das diferencias en decisións importantes para as crianzas. Lara Serodio, escritora viguesa, presentounos 'La piel infiel' e celebramos con Roberto Vilar os seus trinta anos de traxectoria televisiva, recordando grandes momentos.

Presentado por Antón Rebollido.