'A zona de interese' e 'O correo'

Moncho Lemos recomenda 'A zona de interese' e 'O correo'

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

'A zona de interese' e 'O correo'

Moncho Lemos analiza as últimas estreas cinematográficas. A película 'A zona de interese', dirixida por Jonathan Glazer a partir dunha novela de Martin Amis, é unha nova ollada ao Holocausto. O filme amosa a tranquilidade coa que vive a familia dun comandante nazi a poucos metros de Auschwitz. O filme reflicte a normalidade fóra dos campos de concentración. O espectador sabe que Auschwitz está ao outro lado dun muro, pero en ningún momento ve imaxes do campo. O resultado é un relato de constraste que evidencia a capacidade do ser humano para facer o mal. Moncho Lemos tamén recomenda 'O correo', dirixida por Daniel Calparsoro e protagonizada por Arón Piper, María Pedraza, Luis Tosar e Luis Zahera. O filme é un thriller policial, baseado en feitos reais, que narra a historia dun ambicioso mozo de Vallecas que acaba integrado nunha organización internacional de branqueo de capitais.

Presentado por Vituco Neira