Contos e cantos

Eva Mejuto recomenda 'Silforiña' e 'Polina, a pulguiña'

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Contos e cantos

Eva Mejuto recomenda dous libros con texto e música. 'Silforiña' é un álbum ilustrado escrito por Elena Paz, ilustrado por Carlota Diz e editado pola agrupación musical e teatral Golfiños. O texto narra a historia dunha nena que prefire imaxinar o mundo a percorrelo e que vai descubrindo emocións como o medo e a tristura, o paso do tempo e o silencio. As cancións atoparémolas nun código QR que acompaña o libro. A segunda proposta é 'Polina, a pulguiña', con texto de Leticia Gancedo e ilustracións de Mar Ferrero. O libro está editado por OQO e conseguiu o Premio Internacional de Álbum Ilustrado de Fuengirola. Polina é unha pulga sempre acompañada do seu banjo, que se perde camiño dun concerto. Tamén un código QR nos levará á lista de cancións para escoitar.

Presentado por Belén Regueira