Do libro á galería de arte

'Criptografías', unha mostra a partir do poemario de Baldo Ramos e Pepe Cáccamo

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Do libro á galería de arte

A Galería Metro de Santiago acolle a mostra 'Criptografías', que reúne a parte visual do poemario do mesmo nome que Baldo Ramos e Pepe Cáccamo publicaron en 2023 coa editorial Alvarellos. Ramos e Cáccamo levan unha década colaborando en proxectos conxuntos de poesía visual e obxectual ata chegar a este traballo no que a autoría individual desaparece e o humor convive coa profundidade. 'Criptografías' pode visitarse ata o 9 de febreiro.

Presentado por Belén Regueira