Algúns finalistas son O Faiado Podcast, OuKe, contidos de Prado Rúa, Olaxonmario, Cinema Canibal, Exercito Mekemeke, Recuncho Gamer, etc. Uns son proxectos colectivos, outros individuais, mesmo algúns son soamente produtos dalgún perfil. Entre as categorías premiadas, hai varias: premio canle, premio youtubeira, premio youtubeira revelacion, premio vídeo, premio calidade linguistica, premio pioneiro, premio rede e premio do público. Os premios son de 1.000 euros menos o premio do público, que será a metade.