Galicia por Diante - videopodcast 25-01-2024

Información e tertulia política de 7 a 9.30 con Silvia Pereira e entrevistas, humor e actualidade con Kiko Novoa ata as 2 da tarde

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Galicia por Diante - videopodcast 25-01-2024

Informativo e tertulia política con Silvia Pereira. Nos 21 días co Galego e + traballamos as emocións co alumnado do CEP Campolongo de Pontevedra. Coñecimos a Miguel García, que leva 40 anos, xornada tras xornada, á fronte da estación meteorolóxica do Carballiño. Só parou na lúa de mel. Dous colaboradores do programa, Enfermera Saturada e o doutor Juanatey, foron os únicos representantes galegos nunha xuntanza de 'influencers' de saúde en Múnic. O santiagués Francisco Lorenzo presenta “El manipulador”, unha novela trepidante onde o pulso entre un inspector e un asasino atrapa dende a primeira páxina. O miolo: as negociacións para reducir a xornada laboral.