Jhonathan Ferreira e Iván Rodríguez, de Redegaita, son os gaiteiros de Ourense que acompañaron o gran Carlos Núñez nunha actuación sobranceira: na catedral de San Patricio, en Dublín, e diante do presidente da República de Irlanda, Michael Daniel Higgins, que seguiu, e gozou, o concerto en primeira fila.