'A música dos Valladares. Retratos de Familia', de Pablo Bernárdez

A historia de cen anos de música condensados entre os muros da casa de Vilancosta

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

'A música dos Valladares. Retratos de Familia', de Pablo Bernárdez

Neste Diario Cultural facemos unha viaxe ata o lugar de Berres, na Estrada. Na casa de Vilancosta gardouse, ao longo de anos, un tesouro en forma de textos musicais de distintos estilos e procedencias que pertenceron a varios membros da familia Valladares Núñez. Máis de cen anos da historia de Galicia, cen anos de música condensados entre os muros dunha casa. Un legado de enorme valor que agora coñecemos nun proxecto firmado por Pablo Bernárdez, publicado pola Editorial Galaxia. Esta obra pretende contar as historias que agochan esas antigas partituras e desvelar que se esconde tras das súas notas. Músicas que cobran vida de novo, nunha revisión actualizada e persoal, que nos achegan un pouco máis ao retrato do que foi a vida desta familia fidalga do val da Ulla.

Presentado por Vituco Neira