O mariscal Pardo de Cela e o descabezamento das elites | Capítulo 17

Os Reis Católicos e a resistencia galega

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

O mariscal Pardo de Cela e o descabezamento das elites | Capítulo 17

Henrique IV morre en 1474 e Isabel e Fernando ocupan o trono en contra dos dereitos da filla do monarca, Xoana, casada con Afonso V de Portugal. Iniciase unha guerra, pero logo o rei portugués ofrece a paz a cambio de unir a Portugal o Reino de Galicia, onde contaba co apoio do conde Pedro Álvarez de Soutomaior, Pedro Madruga. Os Reis Católicos non aceptan o trato e obteñen a vitoria en 1479.