Sarmiento e a Ilustración | Capítulo 20

O espírito da Ilustración chega a Galicia e trae propostas máis teóricas ca prácticas

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Sarmiento e a Ilustración | Capítulo 20

Cando en 1700 falece Carlos II, o reino de Galicia era un mero apéndice de Castela, carente de toda capacidade de iniciativa. A Guerra de Sucesión trouxo a Galicia a batalla de Rande en 1702 (unha armada angloholandesa derrota á francoespañola). Xa avanzado o século XVIII, Carlos III e Carlos IV promulgan e dispoñen de maneira explicita o uso público do castelán en todos os territorios da monarquía. Galicia permanece allea ao desenvolvemento xeralizado de Europa no século XVIII.