Como non se me ocorreu a min?

Negocios que triunfaron e dos que pensamos: como non se me ocorreu esta ideaza?

VER

A MIÑA LISTA

Información

INFO

Información

Como non se me ocorreu a min?

Hai ideas que, sobre o papel, parecen demasiado sinxelas e resulta que trunfan. Tamén hai ideas que sobre o papel parecen un fracaso e son todo o contrario. Unha idea que trunfa: cafés a 5 euros nunha cafetería na que non che serven na mesa. Outra idea que trunfa: mobles cos que tes que cargar e montalos ti na casa. Idea de éxito: amoso a roupa que levo posta en redes sociais. Fago vídeos amosando a miña vida e móntome no euro. Vaia ideaza! Hoxe todo parece moi sinxelo pero ser os primeiros en ter estas ideas ten mérito. Algunha vez tivestes unha idea de negocio que credes que trunfaría? Hai algún modelo de negocio que trunfa e non entendedes por que? Os oíntes fálannos daquela ocasión na que dixeron: "como non se me ocorreu a min antes?". Cal é o negocio de éxito que non entendedes por que trunfa?