Loita Amada vén de publicar o seu novo disco baixo o título 'Rematou o simulacro'. O novo traballo foi gravado en Garate Estudios da man do produtor vasco Kaki Arkarazo. O disco preséntase o sábado 3 de febreiro en 'O Candil de Silvia', na Estrada. Estarán acompañados polo grupo vasco Rúkula.