Ás veces quedan nun segundo plano pero en certas ocasións as baterías e as/os bateristas son o instrumento máis destacado dunha canción. Chega con escoitar o son inicial da batería e xa identificamos o tema. No programa de hoxe soarán as baterías de Dire Straits, U2, The Beatles, The Knack ou White Stripes.